¡¡¡Por fin chegou o gran día!!!
Despois dunhas semanas de frenético traballo conseguimos rematar os nosos disfraces. Este ano o noso entroido está inspirado en alimentos imprescindibles para ter unha alimentación sana: tomates, verzas, cenorias, ervillas, amorodos, piñas, cereixas.... Unha morea de froitas, verduras e hortalizas, para lembrar que eses alimentos teñen que estar presentes diariamente nas nosas comidas para cumplir a norma:
CINCO RACIÓNS AO DÍA DE FROITAS E VERDURAS FRESCAS
Quedamos inmortalizados nun vídeo, onde se pode ver o resultado do nóso traballo e o ben que desfilamos polas rúas de Salvaterra.
A biblioteca do cole ofrécenos axuda para aprender máis cousas sobre as froitas e hortalizas e os seus beneficios: Libros, información na rede e xogos.
O video mola moito e ademais saimos todos do cole.
ResponderEliminar