"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

20 de febreiro de 2013

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2013

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2013
O 24 de febreiro está recollido como día de Rosalía de Castro pola Consellería de Educación. Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. A  AELG(asociación de escritoras e escritores en lingua galega) está promovendo entre os centros escolares unha lectura colectiva para o venres día 22 de febreiro. O noso centro vai participar cun recitado do poema "Has de cantar". Nel vai participar todo o alumnado e profesorado. Faremos unha gravación que colgaremos no noso blog a partires do día 22.

Mentras podedes xogar con Rosalía a través dun LIM  feito pola biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda.
Pincha na foto e te divertirás e aprenderás.



Ningún comentario:

Publicar un comentario