"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro
Amosando publicacións coa etiqueta olería. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta olería. Amosar todas as publicacións

13 de xuño de 2013

EXPOSICIÓN: "A OLERÍA EN GALICIA"

Dentro das actividades programadas para o terceiro trimestre realizouse unha exposición sobre a olería, que recolle diversos aspectos deste oficio tradicional. Contou coa participación de todo o alumnado. Estructurouse en tres apartados:

* CARTEIS
Paneis con información sobre a historia, as zonas e topografía galegas, ferramentas, proceso, pezas...........




* MOSTRA DE OBXECTOS DE BARRO
Utensilios da vida cotiá  aportados polas familias.




* OBRADOIRO DE BARRO
Pezas elaboradas polo alumnado durante o  obradoiro de barro que se realizou no centro  durante a  quincena das Letras Galegas.


12 de xuño de 2013

ACHEGAMONOS Á OLERÍA

UN PROXECTO DOCUMENTAL, NO QUE PARTICIPA TODO O CENTRO

Durante o terceiro trimestre, realizamos un proxecto documental sobre a olería, encamiñado a coñecer todos os apectos deste oficio cuxa existencia e antiquísima, ligado dende a súa aparición á actividade humana e con moita importancia en Galicia. 
O ENDL do centro organizou o traballo e tamén proporcionou os recursos, xunto co Equipo de Biblioteca.
Cada nivel investigou sobre un determinado aspecto da olería: a historia, as zonas xeográficas e a toponimia, o proceso e as ferramentas empregadas, as pezas máis características, a influencia na cultura tradicional....
Esta parte do proxecto, consistente na busca e tratamento da información, realizouse no Obradoiro de Lectoescritura. Coa información obtida elaboráronse textos informativos que se recolleron nunha wiki. 
A segunda parte do proxecto consistíu nunha exposición e nun obradoiro do barro. A exposición estaba conformada por unha serie de paneis informativos elaborados polo alumnado e unha mostra do obxectos de barro aportados polas familias. No obradoiro do barro, nenas e nenos amosaron a súa creatividade realizando vistosas pezas, que se incluiron na mostra.






28 de maio de 2013

PEPE AÑÓN, OLEIRO DE MEDER, VISITA O COLEXIO

Continuando coas distintas actividades que estamos a facer no colexio sobre o tema da olería en Galicia, o luns 13 de maio estivo no colexio Pepe Añón(oleiro de Meder) que foi entrevistado polos alumn@s de 5º e 6º .Primeiro deunos unha pequena charla na biblioteca do centro, onde nos explicou como comezou neste oficio e logo fíxonos unha demostración do seu traballo, facéndonas distintas pezas de barro e deixándonos a tod@s abraiad@s co manexo das súas mans.

 

Despois atendeunos amablemente, respostando ás preguntas que lle fixemos nesta estrevista.

ALFARERÍA AÑÓN (MEDER)

Continuando co proxecto que estamos levando a cabo no cole sobre a Olería, imos coñecer un taller de barro que temos moi preto do colexio, o taller de Pepe Añón e o seu irmán na aldea de Meder.