"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro
Amosando publicacións coa etiqueta Día da PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da PAZ. Amosar todas as publicacións

3 de febreiro de 2019

DECÁLOGOS PARA A PAZ

Nesta ocasión a celebración do ""Día Escolar da Paz e a non violencia" relacionouse co proxecto "Xogamos", que é o que nos trae atarefados este ano. Tratábase de elaborar unhas normas para mellorar a nosa convivencia, que nos axuden xogar de forma divertida, evitando os conflitos.
O traballo foi duro, xa que hobo que facer reflexións, debater e chegar a acordos cos demais. Pero logrouse acadar os obxectivos propostos, mostrando que cando nos poñemos somos quen de superar todos os atrancos. 
Ao final todo quedou recollido nuns paneis que se colocaron polos corredores do cole para que sempre estean presentes, e se poida recurrir a eles en caso necesario.

Facendo clic na imaxe accédese ao traballo realizado por todo o alumnado do centro.

30 de xaneiro de 2015

EMISORA ESCOLAR: DÍA DA PAZ

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

As nenas e nenos de cuarto de primaria achegannos información relacionada cos OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO propostos pola ONU para mellorar a vida das persoas máis pobres do mundo.


31 de xaneiro de 2014

A VOZ DA ESCOLA: PROGRAMA DÍA DA PAZ

As nenas e os nenos de primeiro achégannos un decálogo de cousas sinxelas que podemos facer case sin esforzo. Se somos quen de cumplilas sempre, conseguiremos que a paz deixe de ser un soño e que estea máis cerca de nós. 


CARTAS AMIGAS NO DÍA DA PAZ

No día da paz as nenas e os nenos recibiron un fermoso agasallo: cartas que traían amor, cariño e  desexos de paz para ese día e para o resto do ano.
Antes, escribiran cadansúa carta, sen destinatario, e botáronas no buzón. Só quedaba agardar o reparto, que se realizou o día da Paz.
O momento da recibir a carta foi algo emocionante:

Abrir o sobre....!

Extraer a carta......!

Ler a mensaxe que algúen escribíu para nós!!!!!!

Logo houbo risas, bicos e apertas  tras descubrir a identidade da persoa remitente.
Foi unha  experiencia  marabillosa, ¡¡para algúns era a primeira carta da súa vida!!
Un día feliz, cheo de boas intencións que intentaremos manter ao longo de todo o ano.