"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

10 de febreiro de 2013

AS SOBREMESAS DO ENTROIDO

Aínda que andamos preocupados pola alimentación saudable, tamén houbo un momento para desgustar as larpeiradas propias do entroido.
As familias colaboraron de xeito espléndido, achegándonos unha morea de filloas, orellas, flores, biscoitos.......... ¡¡Que boa presentación!! ¡¡Que sabores!! Sobra dicir que foi todo un exitazo: ¡Abonda con ver as fotos!
Dende o centro queremos agradecervos o voso esforzo. Sen a vosa axuda non sería posible levar a cabo este acto das celebracións do entroido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario