"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións

23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para homenaxear a Rosalía de Castro no seu aniversario, o alumnado do noso centro sementou pensamentos, que era a flor favorita de Rosalía, pero plantounos literal e metaforicamente falando. Proba diso déixovos unhas fotos dos haikus realizados polo alumnado de 4º:











Neste mural recóllense os  pensamentos  do alumnado de 3º curso de primaria: 



E por último o noso alumnado de  6º curso de primaria ademais de facer un mural central con pensamentos de Rosalía, organizou e agochou unha "caza do tesouro" sobre a biografía desta autora  no percorrido da "milla diaria".