Expuxemos os froitos secos que cultivamos nas nosas casas. Previamente, nas aulas, realizouse un traballo para coñecer mellor estes froitos: Buscamos información, redactamos, fixemos as tarxetas cos nomes..... ao final aprendimos moitas cousas sobre eles.
"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro
Amosando publicacións coa etiqueta alimenta-T ben 2013-14 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alimenta-T ben 2013-14 b>. Amosar todas as publicacións
3 de novembro de 2013
2 de novembro de 2013
COCIÑAR, ENVASAR, DEGUSTAR
Durante a segunda quincena de Outubro, estivemos concentrados no proceso de fabricación das nosas marmeladas. Cociñamos as froitas, logo envasámolas en tarros de cristal, preparamos as etiquetas e finalmente demos boa conta delas. A verdade é que nos saíron riquísimas!!!! Ata as mamás e os papás pediron as receitas.
Gustounos experimentar con este produto que se elabora tradicionalmente nas casas para conservar a froita durante máis tempo.
Cociñamos e envasamos......
...preparamos as etiquetas...
...e papamos.
mmmmmmm....¡que boas estaban!
14 de outubro de 2013
COCIÑA DE OUTONO
MARMELADAS
Este ano no obradoiro de cociña elaboraremos marmelada.Trátase de un alimento que se elabora dende moi antigo, como forma de conservar as froitas durante máis tempo. Pero tamén son unha deliciosa forma de tomar froita, e serven como ingredientes para outros pratos.
Antes de proceder á súa elaboración compre saber algunhas cousas sobre elas.
- A froita
A froita debe estar ben madura, sen partes estropeadas nin danadas. Emprégase tamén a pel porque contén pectina, que é unha substancia que axuda a que a marmelada espese.
Nalgunhas recietas incorpórase zume de limón para favorecer a conservación do produto.
- Elaboración
Método tradicional: Trocear a froita e cocer a lume lento de 45 minutos a 1 hora, ata que a froita estea branda. Engadir o azucre, remexer ata que se disolva totalmente e cocer de novo de 10 a 20 minutos a lume vivo.
Maceración en azucre: Trocear a froita e colocala en capas con azucre. Deixar reposar ata que o azucre estea completamente disolto (cando menos 6 horas). A continuación cocer durante uns 45 minutos.
Despois da cocción os trozos de froita están brandos e case desfeitos, cunha textura irregular. Se se prefire unha textura máis fina, pódese triturar co batedor.
Para comprobar que unha marmelada xa está no feita abonda con facer a proba do prato frío: poñer unha gota nun prato frio. Se cualla ao momento, a marmelada xa está cocida.
Despois da cocción os trozos de froita están brandos e case desfeitos, cunha textura irregular. Se se prefire unha textura máis fina, pódese triturar co batedor.
Para comprobar que unha marmelada xa está no feita abonda con facer a proba do prato frío: poñer unha gota nun prato frio. Se cualla ao momento, a marmelada xa está cocida.
- Envasado
Envasar o preparado en tarros de cristal, enchendo ata un dedo do borde. Compre darlle uns golpiños ao bote para que asente ben e expulse o aire. Tapar inmediatamente e virar para que faga vacío. Manter 24 horas nesta posición.
Os botes deben ferverse durante 10 minutos e escorrer boca a baixo sobre panos ata que seque. No momento de botar a marmelada teñen que estar mornos para evitar que rompan.
- Esterilización
Non é un proceso necesario porque o azucre é conservante. Se se quere esterilizar hai que poñer un pano no fondo dunha ola alta, colocar os botes sin que se toquen e botar auga ata que os cubra uns catro dedos. Ferver durante 10 minutos e deixar enfriar.
Picando enriba do tarro de marmelada accédese ás receitas
Fonte da información: pequerecetas.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
