"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro
Amosando publicacións coa etiqueta recursos samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos samaín. Amosar todas as publicacións

24 de outubro de 2016

CASTAÑAS EN ALMIBRE

Este ano imos elaborar a receita de cociña con froitos do outono: castañas en almibre. Neste vídeo explícase cómo se fan pero lembrade que as receitas de cociña sempre se poden modificar.
Cando estean feitas, comerémolas. Seguro que están moi boas!!!

O vídeo foi realizado polo alumnado da Escola Unitaria de Vide.


10 de novembro de 2015

HOXE HAI MAGOSTO!!!!!

Por fin o tempo nos dou un respiro e podemos celebrar o magosto. Para motivarnos e bailar, o rap do magosto, coa letra para que tamén poidamos cantar.

30 de outubro de 2014

COCIÑA TERRORÍFICA PARA O SAMAÍN

Na noite de Samaín os mortos regresan a este mundo e pasean entre os vivos, para visitar a súa casa e a súa familia. Hai que deixarlle alimentos para que repoñan as forzas. Nada mellor que unhas galletas con forma de dedo de cadaver como estas que cociñaron as nenas, os nenos e as profes de Educación Infantil e coas que nos van convidar ao resto do cole.
Para quen se queira animar a facelas na casa, aquí vai a receita. Pódese ler ao picar enriba da foto.

¡¡¡SEGURO QUE ESTARÁN DE MEDO!!!

https://drive.google.com/file/d/0B_KCxc510guJcG45a2Z6alpNTE0/view?usp=sharing

24 de outubro de 2014

MARCELINA E A NOITE DE SAMAÍN

Unha historia de Samaín para os máis cativos....... aínda que todos poden divertirse con ela, e facer as actividades despois de ler o conto.


http://issuu.com/rey.m.m.a/docs/marcelina

https://dl.dropboxusercontent.com/u/13978570/marcelinalim/samain.html

29 de outubro de 2012

SAMAÍN: LER E CANTAR


Esta é a historia dunha cabaciña á que ningún neno quixo levar á festa de Samaín, e de como conseguíu chegar a ser a caveira máis terrorífica da noite.
Adaptación da obra teatral "Indo para o Samaín" realizada polo CRA de Bergondo. 

   

O Samaín tamén ten música: podes escoitar e cantar as súas cancións.

XA CHEGA O SAMAÍN

Achegámonos ao Samaín. Na última noite de Outubro ábrese a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos. As ánimas dos mortos regresan e visitan as casas das súas familias para quentarse e comer algo. Hai que colocar cabazas con luz nas encrucilladas e nas ventás das casas para axudarlles a atopar o camiño.


Facendo clic enriba da palabra poderás aprender máis sobre esta celebración.


 E se despois de ler,  queres xogar un pouco, pica enriba das  cabazas.