"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

22 de febreiro de 2013

22 DE FEBREIRO: LEMBRANDO A ROSALÍA

Hoxe conmemorouse no centro o día de Rosalía cun acto de lectura colectiva, atendendo á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Ás doce do mediodía, todo o alumnado e profesorado do centro recitaron o poema "Has de cantar", pertencente á obra "Cantares gallegos", da que este ano se conmemora o 150 aniversario da súa publicación.

   
 
Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anímase á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor o día 24 de febreiro, día do nacemento de Rosalía de Castro. Sería un fermoso costume.

1 comentario:

  1. Molou moito o video e todos participamos vueno alguns porque hai xente que non viu.

    ResponderEliminar