A alborada tamén é unha composición musical de orixe popular para os días de festa. Tócase pouco despois do amencer para comezar coas celebracións do día.Habitualmente é interpretada por un gaiteiro, acompañado por un tamboril, que van desfilando polas rúas, camiños, corredoiras e lugares dos pobos, parando en sitios sinalados.
Nos poemas da obra Cantares Gallegos, aparecen con frecuencia a gaita e os gaiteiros. O poema 35, titulado Alborada, foi escrito por Rosalía para acompañar a melodía dunha antiga alborada tradicional que lle escoitaba tocar a un gaiteiro da bisbarra de Padrón.
Os Gaiteiros de Galicia sumáronse aos actos de homenaxe tocando o día 24 de febreiro Alboradas para Rosalía. Foi un fermoso acto de lembranza.
O poema
| |
A música Gaiteiro Ricardo Portela | O poema e a música Rosa Cedrón e Lucía Pérez (Programa Luar-crtvg) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario