"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

3 de febreiro de 2019

DECÁLOGOS PARA A PAZ

Nesta ocasión a celebración do ""Día Escolar da Paz e a non violencia" relacionouse co proxecto "Xogamos", que é o que nos trae atarefados este ano. Tratábase de elaborar unhas normas para mellorar a nosa convivencia, que nos axuden xogar de forma divertida, evitando os conflitos.
O traballo foi duro, xa que hobo que facer reflexións, debater e chegar a acordos cos demais. Pero logrouse acadar os obxectivos propostos, mostrando que cando nos poñemos somos quen de superar todos os atrancos. 
Ao final todo quedou recollido nuns paneis que se colocaron polos corredores do cole para que sempre estean presentes, e se poida recurrir a eles en caso necesario.

Facendo clic na imaxe accédese ao traballo realizado por todo o alumnado do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario