"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

31 de xaneiro de 2014

CARTAS AMIGAS NO DÍA DA PAZ

No día da paz as nenas e os nenos recibiron un fermoso agasallo: cartas que traían amor, cariño e  desexos de paz para ese día e para o resto do ano.
Antes, escribiran cadansúa carta, sen destinatario, e botáronas no buzón. Só quedaba agardar o reparto, que se realizou o día da Paz.
O momento da recibir a carta foi algo emocionante:

Abrir o sobre....!

Extraer a carta......!

Ler a mensaxe que algúen escribíu para nós!!!!!!

Logo houbo risas, bicos e apertas  tras descubrir a identidade da persoa remitente.
Foi unha  experiencia  marabillosa, ¡¡para algúns era a primeira carta da súa vida!!
Un día feliz, cheo de boas intencións que intentaremos manter ao longo de todo o ano.


Ningún comentario:

Publicar un comentario