"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

12 de xuño de 2013

ACHEGAMONOS Á OLERÍA

UN PROXECTO DOCUMENTAL, NO QUE PARTICIPA TODO O CENTRO

Durante o terceiro trimestre, realizamos un proxecto documental sobre a olería, encamiñado a coñecer todos os apectos deste oficio cuxa existencia e antiquísima, ligado dende a súa aparición á actividade humana e con moita importancia en Galicia. 
O ENDL do centro organizou o traballo e tamén proporcionou os recursos, xunto co Equipo de Biblioteca.
Cada nivel investigou sobre un determinado aspecto da olería: a historia, as zonas xeográficas e a toponimia, o proceso e as ferramentas empregadas, as pezas máis características, a influencia na cultura tradicional....
Esta parte do proxecto, consistente na busca e tratamento da información, realizouse no Obradoiro de Lectoescritura. Coa información obtida elaboráronse textos informativos que se recolleron nunha wiki. 
A segunda parte do proxecto consistíu nunha exposición e nun obradoiro do barro. A exposición estaba conformada por unha serie de paneis informativos elaborados polo alumnado e unha mostra do obxectos de barro aportados polas familias. No obradoiro do barro, nenas e nenos amosaron a súa creatividade realizando vistosas pezas, que se incluiron na mostra.






Ningún comentario:

Publicar un comentario