"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

5 de febreiro de 2021

ACHÉGASE O ENTROIDO!

BOS DÍAS A TODOS!

Este curso imos preparar unha actividade moi especial para celebrar o noso ENTROIDO! Seremos os cantantes e bailaríns do noso propio videoclip!

Para comezar, teredes que escoitar a versión orixinal da que será a nosa melodía. Trátase da canción de Maluma: "Carnaval". Aconsellámosvos que a escoitedes varias veces para aprendela moi ben!

Pero a mellor parte vai ser ensaiar a letra da nosa canción. Para esto preparamos un karaoke!!! Queredes practicar e ser uns grandes cantantes? Aquí o tedes!


Ensaiade moito, porque o martes faremos a gravación da nosa canción!

Ningún comentario:

Publicar un comentario