Ola a tod@s!
Benvidos a un novo curso, 2020-2021! Este curso imos aprender moitas cousas, entre elas, imos coñecer o mundo da saúde en profundidade, co noso novo proxecto A TOPE COA SAÚDE!
Para comezar, conmemoramos un día moi importante. É o DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS!
Todos os rapaces do cole participaron na elaboración dun vídeo no que vemos o ben que lavan as mans acompañando este xesto dunha canción. Ademais aprendimos os nomes dos dedos en galego, foi ben divertido!
Queredes ver o vídeo? Atentos!
Ademais os nosos rapaces de 3º fixeron un programa de radio emitido en directo no colexio, no que nos explican a importancia deste día! Queredes escoitalos de novo? Aquí o tedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario