"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

1 de xuño de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: "OS VERSOS FUXITIVOS"

Dende o equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, en colaboración co equipo de Biblioteca, propúxose un achegamento á obra máis coñecida de Manuel María: "Os soños na gaiola" de Manuel María. Arredor deste libro xiran as actividades realizadas para celebrar as Letras Galegas. Finalmente realizouse a actividade conxunta "Os versos fuxitivos" na que participaron todas as nenas e nenos do centro. A tarefa consistía en recrear poemas cambiando palabras, versos ou estrofas segundo o nivel. Os máis cativos encargáronse de facer ilustracións. Despois dunha lectura previa  traballouse en equipo aplicando estruturas de aprendizaxe cooperativa e os novos poemas foron tomando forma pouco a pouco. O resultado foron uns traballos cheos de creatividade e orixinalidade que se poden ver nos corredores do colexio e neste documento.

http://issuu.com/anubedalingua/docs/versosfuxitivos?e=5229172/36116568

Ningún comentario:

Publicar un comentario