"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

17 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA E GALICIA

Manuel María sentía un profundo amor por Galicia, a súa fala, a súa cultura....... Sobre el e Saleta, o seu amor, escribiu:
 "Nós sempre fomos galegos 
sinxelos e verdadeiros,
soñadores, trotamundos,
editores e libreiros..... "

No libro Os soños na gaiola aparece o poema titulado "Galicia", ao que ao correr do tempo púxo  música Suso Vaamonde. Texto e melodía conxúntanse á perfección dando lugar a unha das máis fermosas composicions sobre a nosa terra.
Neste vídeo pódese escoitar magnificamente interpretada polo grupo Fuxan os Ventos.


Cantemos, cantemos con forza, para non esquencer nunca o que somos e a lingua que falamos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario