ESMERALDA
Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti.
¿Por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
¡O universo sería
máis pequeno sen tí!
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti.
¿Por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
¡O universo sería
máis pequeno sen tí!
As nenas e os nenos do de 1º A do C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira realizaron unha animación do poema.
No IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, a profe Sandra Tenreiro púxolle música e creou un canto de berce para arrolar aos meniños. ¡Fermosa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario