"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

5 de febreiro de 2013

COÑECENDO O ENTROIDO GALEGO


Presentamos unhas divertidas actividades dirixidas ao alumnado, pero que sirven tamen para as familias. Con elas coñeceremos mellor esta festa, os seus disfraces e a súa gastronomía. 
Arredor da tradición do Entroido desenvolvéronse unha serie de manifestacións culturais que perviven ao longo do tempo, e que se manteñen grazas a esforzo conxunto de cada pobo.
Personaxes como as madamas e galáns, os cigarróns, os xenerais, as máscaritas......... achéganse ata nós cada mes de febreiro. E na cociña, unha chea de receitas para combater os fríos do inverno: cachucha, cocido, lacón con grelos....... Todo rematado cunhas sobremesas que saben a gloria: filloas, orellas, flores.......
Todos temos que colaborar para que esta tradición tan nósa non desapareza. Nesta tarefa as familias tamén teñen o seu papel papel, xa que pais e avós transmiten aos máis novos as súas vivencias, para que as coñezan e disfruten con elas.  A cociña é un bo lugar para que xuntos, maiores e cativos, amasen unhas ricas orellas, remexan o amoado das filloas, fritan unhas saborosas flores e falen, rían, disfruten e coman ata fartar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario