"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

23 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe, 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, e o noso alumnado  realizou diferentes  traballos, entre eles, murais con materiais de reciclaxe, sobre o tema "Rosalía feminista", que enviamos á Deputación de Pontevedra para participar no concurso de colaxes. Tamén realizaron minilibros e traballaron sobre a obra e vida da autora.

Déixovos algunhas fotos para que vexades o potencial artístico do noso alumnado!













Ningún comentario:

Publicar un comentario