"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

1 de decembro de 2018

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ao longo do mes de Novembro tódalas nenas e nenos do cole xogaron coa ciencia, que é unha forma moi divertida de achegarse á investigación.
En todos os niveis realizáronse proxectos e experimentos. Para contarlle aos compañeiros como foron os procesos realizáronse paneis explicativos e graváronse videos.
A experiencia de sentirse como verdadeiras científicas e científicos foi moi interesante, proveitosa e divertida, e valeu para comprender a importancia que ten a investigación. En Galego.

Máis información  picando enriba da imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario