O escultor Severiano Lago Palmero realizou unha exposición das súas obras na Biblioteca. Ao mesmo tempo realizou charlas para o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria.
As esculturas resultaron impactantes, sobre todo a que se colocou na entrada do colexio, polas súas grandes dimensións.
Nos dias previos á visita, as nenas e os nenos de cuarto prepararon unha entrevista, confeccionando listas de preguntas individuais que logo puxeron en común, seleccionando ás máis axeitadas. Chegado o momento, o escultor contestou amablemente a tódas as cuestións.
Audio da Entrevista completa
Ningún comentario:
Publicar un comentario