"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

8 de abril de 2015

¡¡¡A COMER!!!: BATIDO DE MAZÁ CON MANDARINA

Dentro da actividade "Cociñando para o cole" as nenas e nenos de 3º e 4º elaboraron batidos de froita  para o resto do alumnado do cole.  Con mandarinas, mazás, iogurt e leite realizaron todo o proceso paso a paso para ofrecerlles un alimento san e saboroso. Por suposto non esqueceron ás compañeiras e compañeiros con intolerancias alimentaras, que puideron disfrutar de batidos elaborados especificamente para eles.
Despois da experiencia na cociña tocou facer traballo de linguaxe na aula. Traballaron o vocabulario específico dos ingredientes e utensilios utilizados: froitas e árbores froiteiras, obxectos para expremer, triturar e bater. Ao final redactaron un texto instructivo, secuenciando os pasos que  seguiron para a elaboración do produto e ilustraron os textos.









Ningún comentario:

Publicar un comentario