No ano 1993, (xa van alá máis de vinte anos!), o CEIP de Leirado participou no II Concurso Galego de Video Escolar, que por aquelas datas convocaba a Consellería de Educación. Neste proxecto embarcáronse todo o alumnado e profesorado do noso centro e da Escola Preparatoria de Monçao, que se uniron a nós nesta aventura. Deste xeito a gravación do video converteuse nunha actividade de colaboración e intercambio entre os dous centros. O resultado foi merecedor do primeiro premio de ese ano.
Amosamos aquí a película que servirá para rememorar aqueles feitos a quen partipou na gravación. Esperamos que disfrutedes con ela.
E aquí unha reportaxe do programa Ponte nas Ondas, na que algúns dos protagonistas da peli son entrevistados por nenas e nenos do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario