"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

2 de xullo de 2014

OS LUGARES ESPECIAIS

Dentro do Proxecto "Vivir Xuntos", nesta ocación coñecemos os lugares do municipio que teñen unha especial significación para o alumnado. A través das descricions feitas polas nenas e nenos descubrimos estes recunchos únicos e as razóns que os fai diferentes. As fichas elaboradas expuxéronse polos corredores, para compartir a información e,  posteriormente, reuníronse nun libro.


Este traballo contribuíu a afondar e mellorar o coñecemento que temos do noso municipio e do lugar onde vivimos. A actividade non sería posible sen a colaboración das familias que se encargaron de realizar e achegar as fotografías que ilustran as fichas.
Para ver todos os traballos facer clic enriba da imaxe.
http://issuu.com/anubedalingua/docs/lugaresqueco__ecemos?e=5229172/8468015

Ningún comentario:

Publicar un comentario