"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

23 de maio de 2014

VISITA AO FESTIVAL DE CANS

As nenas e nenos de cuarto, quinto e sexto acudiron como invitados ao Festival de Cans. Á chegada foron recibidos por Keka Losada, que foi a súa acompañante en todo momento e que os levou ata o Baixo de Bugarín.
Alí agardaban o director Xoan Escudero e a guionista e productora Analía G. Alonso, que foron os encargados de conducir o acto. Iniciouse  cunha exposición sobre o audiovisual no queinformaron aos asistentes sobre diversos aspectos deste medio, como a rodaxe de curtas, documentais e películas de animación e solucionaron cantas dudas lles plantexarons os asistentes.

 
Asistiron á proxección da curta "Flores para Amalia", fermosa e emotiva historia sobre a terceira idade. Tamén viron o adianto do film "Gina y yo", protagonizada por dous veciños de Cans. Quedaron todos coa intriga de saber se os protagonistas conseguirían o seu propósito: visitar en Roma ao seu ídolo, a actriz Gina Lollobrigida.
Un membro da productora da longametraxe de animación Meñique explicou o proceso de creación dunha película de animación en 3D, enumerando os diferentes procesos. Presentou o "Making off"(Así se fixo) que cautivou a atención de todos. A película atópase en proceso de edición e será estrenada antes de rematar o ano.
Durante a sesión recibiron a visita do director do festival, Alfonso Pato, e do coñecido actor Antonio Durán Morris. Contaron parte da historia do festival e falaron con entusiasmo da súa profesión e da sú experiencia no mundo do cine, e aniimaron aos presentes a descubrilo. 





 Despois das proxeccións, realizaron un percorrido por lugares emblemáticos de Cans. A chuvia e o vento deron paso ao sol e o ceo azul e o paseo foi moi agradable. Visitaron a Leira e o Ghalpón de Alicia, o Ghaliñeiro e o Torreiro das Estrelas, onde puideron ver as estrelas e as pegadas das persoas galardonadas en cada edición do festival ¡¡e xa alá van dez anos!!



O paseo rematou na Rotonda do Can de Pedra. Ata alí achegouse o Conselleiro de Eudación, Xesús Vázquez, acompañado do director do certame e doutras autoridades educativas e locais. Felicitaron ao alumnado polo seu premio no certame "Entre nós, en galego" coa curta de animación "Ernesto bo día" e departiron durante un bo rato con eles. Tamén se uniu ao grupo o actor Manuel Manquiña. Despois retratáronse enriba do chimpín decorado para que quedara constancia do feito. 
Foi unha experiencia moi agradable, aproveitable e moi enriquecedora


Enlaces:
Galería de Fotos aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario