De entre os poemas de Xosé María Díaz Castro, "Penélope" é o máis coñecido, editado e traducido. Compara o autor a Galicia coa Penélope da obra "Odisea" de Homero que ocupa os seus días nun traballar incansable, tecendo de día e destecendo pola noita mentres agarda polo regreso do seu esposo Ulises.
Díaz Castro denuncia a pasividade que hai no país que avanza e retrocede nunha repetición infinita para non chegar nunca a nada, para non facer nunca realidade os seus soños dun futuro mellor.
Acompáñase o texto do poema e unha curta na que poderemos escoitar a voz do propio poeta recitando e a versión musicada do mesmo relizada por Xoán Fuertes Saavedra e interpretada polo grupo "Fuxan os Ventos"

PENÉLOPE | ||
Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario