As nenas e nenos de cuarto de primaria realizaron unha entrevista á carteira do noso cole, Mariluz, porque nela conflúen o feito de ser unha traballadora dos servizos públicos e o feito ser unha muller traballadora, ás que se recorda tódolos 8 de Marzo coa celebración do "Día da muller traballadora".
Traballando xuntos foron quen de elaborar as preguntas para a entrevista e redactar o guión do programa de radio. Tamén seleccionaron algunhas das melodías que se escoitan, practicaron e fixeron probas para que todo saíra perfecto no momento da gravación.
Investigaron, aprenderon e divertíronse. Este é o resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario