"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro

5 de xullo de 2013

NÓS TAMÉN CREAMOS: OS PREMIOS

Despois dun tempo de espera, chegou por fin a resolución de NÓS TAMÉN CREAMOS!, iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora. 
Entre as curtas  premiadas, está "Ernesto Bo Día", presentada polo 2º Ciclo do noso centro. Pero calquera das outras tres curtas podería ter sido premiadas, pola calidade que teñen. 
¡¡¡NORABOA POLO TRABALLO BEN FEITO!!!

Gañadores 2013




Xa temos gañadores!!! Parabéns a tod@s os gañadores
e grazas a tod@s pola vosa participación!


ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA



ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACION PRIMARIA
ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACION INFANTIL

A gran calidade dos traballos presentados motivou que a comisión de valoración acordase realizar mencións especiais en cada categoría:
  • ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL
    • A noite das mudanzas, CEIP Bergantiños, Carballo, A Coruña. Pola expresividade e espontaneidade lingüística e mais pola composición estética.
    • Pilú Pilú, CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, Ferrol, A Coruña. Pola adaptación musical e a orixinalidade plástica.
  • ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
    • A escaleira, CPI Cabo da Area, Laxe, A Coruña. Pola adaptación da obra orixinal.
  • ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
    • Ernesto Bo Día, CEE Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. Pola calidade plástica e estética. 


    Fonte: crtvg infantil - Nós tamén creamos 

Ningún comentario:

Publicar un comentario