"Eu falo a miña lingua porque si, porque me gosta, porque me peta e dame a gaña" Celso Emilio Ferreiro
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2014-2015 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2014-2015 b>. Amosar todas as publicacións
24 de xuño de 2015
29 de maio de 2015
EMISORA ESCOLAR:
COÑECENDO A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
LETRAS GALEGAS 2015
Neste programa as nenas e nenos de 3º de Primaria achégannos á celebración das Letras Galegas e á figura do autor homenaxeado este ano, Xosé Filgueira Valverde.
Neste programa as nenas e nenos de 3º de Primaria achégannos á celebración das Letras Galegas e á figura do autor homenaxeado este ano, Xosé Filgueira Valverde.
15 de maio de 2015
HOMENAXE ÁS NOSAS LETRAS E Á NOSA LINGUA
Un
ano máis chegou ata nós a primavera, que
ven cargada de flores novas, paxariños cantareiros e dun arrecendo que
invita a gozar de todo o que nos rodea. E coa primavera chega o mes de Maio e con el, a Festa das
Letras.
Cada 17 de Maio temos a ocasión e o privilexio de festexar a nosa lingua e a nosa cultura a través de autoras e autores que durante a súa vida traballaron arreo polo seu coidado e a súa defensa. E cada ano, dende hai xa tempo, incorporamos á nosa galería de homenaxeados o prato conmemorativo da persoa á que se lle dedica o ano.
Nesta ocasión o prato e Festa das Letras están dedicados a don Xosé Fernando Filgueira Valverde, “O vello Profesor”, alcume co que se lle coñecía en Pontevedra pola súa dilatada carreira como profesor no Instituto desta cidade.
Autor dunha extensa obra, estudou e investigou de xeito incansable os máis variados aspectos da nosa cultura. Literatura, arte, arquitectura, etnografía, música, pintura, historia……. todo lle interesou e a todo se dedicou co maior dos entusiasmos no seu afán de ampliar e transmitir o seu coñecemento.
Antes de iniciar as celebracións debemos recordar que para o galego non chega un só día no ano. O galego necesita os 365 días do ano para ter boa saúde e para que todas e todos poidamos seguir gozando de “mil primaveras máis para a nosa lingua”.

11 de maio de 2015
5 de maio de 2015
27 de abril de 2015
LETRAS GALEGAS 2015: COÑECENDO AO AUTOR
As Letras Galegas do ano 2015 están adicadas ao escritor Xosé Fernando Filgueira Valverde. A súa biografía estará dispoñible premendo na foto.
24 de abril de 2015
EMISORA ESCOLAR: PROGRAMA DO MES DE ABRIL
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR
Desta volta correspondeulle aos máis cativos do colexio a realización do programa de radio Para celebrar o Día do Libro as nenas e nenos de 3 anos tiveron a ben contarnos un conto para celebrar. E aí os tedes, facendo a súa versión do libro "A escaleira".

8 de abril de 2015
¡¡¡A COMER!!!: BATIDO DE MAZÁ CON MANDARINA
Dentro da actividade "Cociñando para o cole" as nenas e nenos de 3º e 4º elaboraron batidos de froita para o resto do alumnado do cole. Con mandarinas, mazás, iogurt e leite realizaron todo o proceso paso a paso para ofrecerlles un alimento san e saboroso. Por suposto non esqueceron ás compañeiras e compañeiros con intolerancias alimentaras, que puideron disfrutar de batidos elaborados especificamente para eles.
Despois da experiencia na cociña tocou facer traballo de linguaxe na aula. Traballaron o vocabulario específico dos ingredientes e utensilios utilizados: froitas e árbores froiteiras, obxectos para expremer, triturar e bater. Ao final redactaron un texto instructivo, secuenciando os pasos que seguiron para a elaboración do produto e ilustraron os textos.

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
27 de marzo de 2015
EMISORA ESCOLAR: PROGRAMA DO MES DE MARZO
Co mes de marzo chega a primavera e tamén o día da Poesía. As nenas e nenos de Primeiro de Primaria prepararon un programa para celebralo.
26 de marzo de 2015
OS AMORES QUE O MIÑO SEPARA
No ano 1993, (xa van alá máis de vinte anos!), o CEIP de Leirado participou no II Concurso Galego de Video Escolar, que por aquelas datas convocaba a Consellería de Educación. Neste proxecto embarcáronse todo o alumnado e profesorado do noso centro e da Escola Preparatoria de Monçao, que se uniron a nós nesta aventura. Deste xeito a gravación do video converteuse nunha actividade de colaboración e intercambio entre os dous centros. O resultado foi merecedor do primeiro premio de ese ano.
Amosamos aquí a película que servirá para rememorar aqueles feitos a quen partipou na gravación. Esperamos que disfrutedes con ela.
E aquí unha reportaxe do programa Ponte nas Ondas, na que algúns dos protagonistas da peli son entrevistados por nenas e nenos do colexio.
24 de febreiro de 2015
DÍA DE ROSALÍA 2015
Unha ano máis chegamos ao día no que celebramosá nosa Rosalía. Para que os máis cativos aprendan máis sobre esta autora, unha pequena e sinxela biografía, que se pode ler e escoitar.
Tamén poden gozar coa lectura e a audición deste poemiña
![]() |
| (PARA ACCEDER, PREMER NA IMAXE) |
Tamén poden gozar coa lectura e a audición deste poemiña
| (PARA ACCEDER, PREMER NA IMAXE) |
23 de febreiro de 2015
E....... CHEGOU O ENTROIDO
Despois de moito traballar na preparación dos disfraces, por fin chegou o día da festa do entroido.
Aquí estamos preparados, lucindo as nosas galas matemáticas. ¡Mágoa que o tempo non axudara e a chuvia non nos permitira desfilar!
30 de xaneiro de 2015
EMISORA ESCOLAR: DÍA DA PAZ
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
As nenas e nenos de cuarto de primaria achegannos información relacionada cos OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO propostos pola ONU para mellorar a vida das persoas máis pobres do mundo.
As nenas e nenos de cuarto de primaria achegannos información relacionada cos OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO propostos pola ONU para mellorar a vida das persoas máis pobres do mundo.
26 de decembro de 2014
CANTAR, CONTAR, RIMAR
Durante o primeiro trimestre do curso, o EDNL do centro propuxo a búsqueda e recompilación de tradicións populares da zona nas que se fixera referencia a numeros, operacións,...... A realización deste traballo permitiu que o alumnado constatara a presenza das matemáticas na cultura popular.
Contos, cantigas, adiviñas, refráns, cantinelas para botar sortes......... son a proba evidente de que as matemáticas son unha ciencia que está presente nas nosas vidas moito mais do que en principio puidera parecer.
Presentamos aquí unha escolma ilustrada polo alumnado.Para acceder hai que picar enriba das imaxes.

28 de novembro de 2014
EMISORA ESCOLAR: PROGRAMA DO MES DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS
As nenas e nenos de segundo de primaria explícan os principios da Declaracion dos Dereitos da Infancia aprobada no ano 1959 pola O.N.U.
As nenas e nenos de segundo de primaria explícan os principios da Declaracion dos Dereitos da Infancia aprobada no ano 1959 pola O.N.U.
14 de novembro de 2014
4 de novembro de 2014
FESTA DO OUTONO
O 30 de Outubro foi o día grande do Outono: Celebramos o Magosto e o Samaín.
Nenas e nenos chegaron dispostos a non deixarse amedrentar por cabazas, ánimas nin fantasmas, a xogar sen descanso e a comer todalas castañas que puideran.
Durante os días anteriores a entrada do cole foise enchendo coas creacións que as familias realizaron con cabazas e espigas de millo.
30 de outubro de 2014
COCIÑA TERRORÍFICA PARA O SAMAÍN
Na noite de Samaín os mortos regresan a este mundo e pasean entre os vivos, para visitar a súa casa e a súa familia. Hai que deixarlle alimentos para que repoñan as forzas. Nada mellor que unhas galletas con forma de dedo de cadaver como estas que cociñaron as nenas, os nenos e as profes de Educación Infantil e coas que nos van convidar ao resto do cole.
Para quen se queira animar a facelas na casa, aquí vai a receita. Pódese ler ao picar enriba da foto.
¡¡¡SEGURO QUE ESTARÁN DE MEDO!!!
24 de outubro de 2014
MARCELINA E A NOITE DE SAMAÍN
Unha historia de Samaín para os máis cativos....... aínda que todos poden divertirse con ela, e facer as actividades despois de ler o conto.
23 de outubro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)