Con motivo da conmemoración do día das Artes Galegas 2023, o alumnado de 6º EP do noso centro, gravou un programa de radio e interpretou unha versión da cantiga "Mar de Vigo" de Martín Códax.
Aquí vos deixo o audio: PROGRAMA DE RADIO
Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP de Leirado
Con motivo da conmemoración do día das Artes Galegas 2023, o alumnado de 6º EP do noso centro, gravou un programa de radio e interpretou unha versión da cantiga "Mar de Vigo" de Martín Códax.
Aquí vos deixo o audio: PROGRAMA DE RADIO
Hoxe, 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, e o noso alumnado realizou diferentes traballos, entre eles, murais con materiais de reciclaxe, sobre o tema "Rosalía feminista", que enviamos á Deputación de Pontevedra para participar no concurso de colaxes. Tamén realizaron minilibros e traballaron sobre a obra e vida da autora.
Déixovos algunhas fotos para que vexades o potencial artístico do noso alumnado!
O 17 de febreiro festexamos o Entroido por todo o alto. Fomos desfilar polas rúas de Salvaterra con outros colexios da zona, co CRA A Lagoa e co CEP Carlos Casares, e como peche, rematamos a festa con xeitosas coreografías!
Déixovos o enlace ás fotos e vídeos do Entroido e o testamento do Meco a continuación:
* https://photos.app.goo.gl/CQ9sMk5QSKVraqhW8
Nesta semana decidimos traballar a ciencia relacionándoa co noso proxecto " Mergúllate con nós", así que cada aula gravou un videotitorial cun experimento. O venres 11 foi o "Venres de ciencia", e dedicámola mañá a realizar os experimentos das nosas compañeiras e compañeiros. A continuación déixovos os experimentos.
Este ano 2022, o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, e para festexar o gran día decidimos realizar un festival.
Aquí vos deixo o vídeo para todas aquelas persoas que non puideron velo, ou para todas aquelas que queiran gozalo de novo.
Esta vez o noso alumnado para conmemorar o "Día da Oralidade", animousouse a gravar lendas típicas de cada ruta do proxecto "A volta ao mundo en 160 días". Aquí vos deixo o resultado final:
Estimadas
familias:
Dende
o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe de Leirado,
propoñévosvos que participedes xunto cos vosos nenos e nenas na actividade familiar do: I CONCURSO DE PORTADAS DA REVISTA AGROMAR Nº 59.
Déixovos
a continuación as bases do concurso.
Moitas
grazas pola vosa participación!
Un saúdo
O alumnado de 6º curso de primaria, móstranos algunhas das noticias que elaboraron a nivel de aula e creacións artísticas reciclando xornais:
Para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo), o noso alumnado de 5º curso de primaria traballou entre moitas cousas conceptos básicos como: a igualdade de oportunidades,a sororidade, o empoderamento, a igualdade de xénero, a coeducación, a brecha salarial, o teito de cristal...
Aquí vos deixo unhas fotos:
O noso alumnado de terceiro e quinto de primaria festexou o día 14 de febreiro baixo o lema "A distancia aumentou os sentimentos de amor e amizade". Neste mural que se amosa a continuación, expresaron os seus sentimentos,e, tamén investigaron como se di a palabra "amor e amizade" nos diferentes idiomas de cada ruta do proxecto " A volta ao mundo en 160 días".
O noso alumnado de 5º e 6º de educación primaria investigou a vida de moitas mulleres científicas. O resultado final desta investigación deuse a coñecer ao resto do alumnado a través da máquina do tempo de mulleres científicas do alumnado de quinto, e da montaxe final do mural exposto na aula de sexto.
Aquí vos deixo unha fotos: